logo de Clubexa.org

Teceira rolda: unha tarde apracible para os equipos CLUBEXA

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-02-08 11:53:24)


Pese á climatoloxía, a tarde do sábado 7 foi apracible para os equipos CLUBEXA.


Nesta terceira rolda os resultados dos nosos equipos foi bastante boa:

  • O equipo de Preferente xogou de local contra o USC e logrou unha importante vitoria. Gañou 3,5 a 2,5.

  • O equipo de Primeira viaxou a Betanzos para enfrontarse ao CXB LUGAMI. Gañou 2,5 a 1,5.

  • O equipo de Segunda recibiu ao ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA A, empatando o encontro.

  • O equipo de Terceira xogou, como visitante, contra o XDM - MONTE ALTO, logrando tamén un empate.




Rolda 2 da Liga 2026 e variedade de resultados

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-02-01 13:38:13)

Despois dos problemas climatolóxicos que impediron comezar a liga na data prevista, o 24 de xaneiro, fixémolo na segunda rolda, xogada o último día do primeiro mes, con variedade de resultados:

  • O equipo de preferente CLUBEXA A descansou pola renuncia do equipo CLUB XADREZ OROSO.

  • O equipo de primeira, xogando como local, obtivo un bo empate ante MIRKO A.

  • O equipo de segunda ESCOLA XADREZ CLUBEXA A visitou ao TDFC SIN QUERER e perdeu pola mínima (1.5 a 2.5).

  • O equipo de terceira ESCOLA XADREA CLUBEXA B - CLUB DEL MAR, xogando como local, obtivo unha contundente vitoria (4 a 0) ante o CORUÑA CLUB DE AJEDREZ B.




Suspendida a primeira rolda da Liga

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-01-23 18:17:20)


Debido á previsión do tempo recibida por parte da AEMET e ás recomendacións da DXT, a FEGAXA suspende a primeira rolda da liga 2026 prevista para mañá sábado. Máis adiante fixarase unha nova data para ela.




ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook