Rolda 2 da Liga 2026 e variedade de resultados
Despois dos problemas climatolóxicos que impediron comezar a liga na data prevista, o 24 de xaneiro, fixémolo na segunda rolda, xogada o último día do primeiro mes, con variedade de resultados:
O equipo de preferente CLUBEXA A descansou pola renuncia do equipo CLUB XADREZ OROSO.
O equipo de primeira, xogando como local, obtivo un bo empate ante MIRKO A.
O equipo de segunda ESCOLA XADREZ CLUBEXA A visitou ao TDFC SIN QUERER e perdeu pola mínima (1.5 a 2.5).
O equipo de terceira ESCOLA XADREA CLUBEXA B - CLUB DEL MAR, xogando como local, obtivo unha contundente vitoria (4 a 0) ante o CORUÑA CLUB DE AJEDREZ B.
Suspendida a primeira rolda da Liga
Debido á previsión do tempo recibida por parte da AEMET e ás recomendacións da DXT, a FEGAXA suspende a primeira rolda da liga 2026 prevista para mañá sábado. Máis adiante fixarase unha nova data para ela.
Cambio no calendario de Preferente
A FEGAXA acaba de comunicarnos a baixa do equipo Club Xadrez Oroso que pertencía ao grupo A de Preferente.
E como o grupo e o calendario xa estaban confeccionados, descánsase (BYE) o día que tocaría xogar con eles. Ademais, soamente descende 1 equipo no grupo A de Preferente.
Aquí tedes como queda o calendario de Preferente - grupo A

