clubexa.org

20 de mayo de 2013
Rolda 9 da liga por equipos 2013
13-04-2013, 11:17
Fustes Pardo, Carlos

Xa falta menos para rematar esta liga e a cousa pinta do máis variado para nós.

En primeira, o noso equipo segue coa súa marcha triunfal e gañou no domicilio de CXF - Casa da Xuventude por 3 a 1.

En segunda, e na casa, os nosos equipos seguen do máis irregular. Mentres os ExAs Aficionados perderon pola mínima co O Toque Siria, os da Peña ExA, soamente, empataron co equipo de Xadrez Betanzos A.

En terceira, o noso equipo, xa co ascenso no saco, empataron a domicilio co equipo Xadrez Betanzos B.

Comentarios [148]

leer más ...

Rolda 8 da liga por equipos de 2013
16-03-2013, 17:57
Fustes Pardo, Carlos

A parte da vitoria de Alfredo sobre Lariño, nesta 8ª rolda hai outra cousa que destacar: O equipo de terceira, a Escola ExA, logrou, por terceiro ano consecutivo, ascender de categoría a falta dunha rolda. Matemáticamente xa é equipo de segunda. Por iso hai que felicitar aos nosos compañeiros do equipo da Escola. Nesta rolda a vítima foi Air -Hostess B que recibiu un contundente 4 a 0. A Escola consegui 4 veces este resultado, tres nas últimas tres roldas.

En primeira, o noso equipo logrou un importante empate contra Mercantil de Ribeira. A falta de tres roldas, ocupa o segundo posto da clasificación, enfrontándose ao primerio Exp. Ramón Escudeiro Tilve na derradeira rolda.

En segunda, a Peña ExA logrou un empate a domicilio contra  O Toque Xireia, mentres que os ExAs Aficionados perderon fora contra Gillán -  El Progreso pola mínima, 2.5 a 1.5.

Comentarios [167]

leer más ...

Alfredo de la Fuente gañoulle a David Lariño!!!
12-03-2013, 18:59
Fustes Pardo, Carlos

Se hai algo verdadeiramente destacable no que fixeron os equipos ExAs na 8ª rolda, foi o claro e contundente triunfo do noso primeiro taboleiro, Alfredo de la Fuente, ante  David Lariño, Gran Maestro cun ELO de 2508 e que foi campión de España Absoluto no ano 2008.

Ademais de felicitar ao noso compañeiro por tan importante triunfo, publicamos a partida comentada por el mesmo.

Picade no seguinte enlace ("leer más...").

Comentarios [158]

leer más ...

Siguientes>>

Iniciar sesión


Próximos torneos



Asociación Ex-Alcohólicos de La Coruña



XGnoticias