logo de Clubexa.org

XADREZ no Club del Mar de San Amaro

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2025-09-30 09:22:45)

 

Todos os venres, a partir do 3 de outubro, impartiranse clases de xadrez de 17:00 a 21:00 horas nol Club del Mar de San Amaro. O interesados tedes que falar con Manolo Arias (606 110 622). Tedes máis información neste enlace.




A Escola de Xadrez CLUBEXA comeza o 13 de setembro

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2025-09-11 12:13:52)

 

As clases e adestramentos para a tempada 2026 comezan o sábado 13 de setembro, de 11 a 13 horas, no local de ACLAD na Grela. A finais de mes ou a comezo de outubro, esperamos impartir outras clases e adestramentos, unha tarde á semana, noutro local do que informaremos debidamente.

Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org ou poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622)




Calendario dos equipos CLUBEXA na liga 2025

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2025-01-23 22:48:58)

 

Xa están publicados os calendarios da Liga por equipos na páxina da FEGAXA.

Na rolda 4 (22/02/2025) xogan os catro equipos como locais e na rolda seguinte, a 5 (08/03/2025), xogan os catro fora.


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook