clubexa.org

21 de julio de 2019
Liga por equipos

Rolda 1 da tempada 2015
13-01-2015, 09:47
Fustes Pardo, Carlos

Desigual comezo dos equipos ExAs nesta nova tempada. Dous equipos gañaron por 3.5 a 0.5 e os outros dous perderon polo mesmo resultado.

En primeira o nos equipo desprazouse a Malpica onde derrotou ao equipo recen ascendido Gillán - El Progreso cedendo únicamente medio punto.

En segunda, loita fraticida entre os dous equipos do club, onde o teoricamente máis frouxo gañou contundentemente.

Por último en terceira, o noso equipo recibiu a visita do novo equipo Club de Ajedrez Macando e soamente conseguiu unhas táboas.

Se queredes coñecer como foron os resultados por taboleiros seguide lendo 

 

leer más ...

Rolda 10 da Liga 2014
28-03-2014, 10:36
Fustes Pardo, Carlos

Pese ao empate do equipo de segunda PENA CLUBEXA, foi unha penúltima rolda redonda para o noso club.

En primeira, o CLUBEXA gañou contundentemente na súa visita ao ESCOLA XADREZ SIGRÁS A (0-4). Así, ademais de lograr o seu principal obxectivo que é a permanencia, sitúase na terceira praza do seu grupo cun só partido perdido, o mesmo ca os dous primeiros clasificados.

E en segunda, se ben non se puxeron de acordo no resultado, si o fixeron nos puntos acumulados polo de agora (20.5). Mentres que o AFECCIONADOS CLUBEXA gañou na súa visita ao CABO TOURIÑÁN (0.5-3.5), o PENA CLUBEXA empatou co ESCOLA XADREZ SIGRÁS B. Precisamente, eses 20.5 puntos fan que xa teñan matematicamente asegurada a permanencia. 

Para coñecer os resultados por taboleiros tedes que seguir lendo. 

 

leer más ...

Rolda novena da Liga 2014
20-03-2014, 14:09
Fustes Pardo, Carlos

Moi boa novena rolda para o nolo club.

O primeiro que temos que facer e felicitar aos nosos compañeiros do equipo de terceira, ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, que lograron, por carto ano consecutivo o ascenso de categoría. E o fixeron da mellor maneira posible: gañaron no domicilio do POKERYAJEDREZ.COM ARTEIXO C por 4 a 0, consolidándose na terceira praza da clasificación final do seu grupo.

En primeira, o CLUBEXA logrou un importante empate contra o equipo GRUPO BAZÁN A. Os dous puntos conseguidos ante o, posiblemente, mellor equipo do grupo, e cunha aliñación de circunstancias, faino asegurar prácticamente a permanencia. 

E, en segunda, os nosos equipos volvéronse poñer de acordo, esta vez na vitoria que os afasta, polo de agora, do descenso. O equipo AFECCIONADOS CLUBEXA gañou por 3 a 1 a O TOQUE XIRIA, mentres que o PENA CLUBEXA endosoulle un contundente 3.5 a 0.5 ao CÍRCULO FERROLANO E.

Para coñecer os resultados por taboleiros, hai que seguir lendo. 

leer más ...

<<Anteriores[ artículos7 a 9 de 124 ]Siguientes>>

Iniciar sesión


Próximos torneos



Asociación Ex-Alcohólicos de La Coruña



XGnoticias