
| Liga por equipos |
| 6 rolda da Liga por equipos 2013 | |
| 28-02-2013, 21:31 |
Fustes Pardo, Carlos |
|
Nesta 6ª rolda cambiaron un pouco as cousas: En primeira, o noso equipo voltou á senda da victoria co seu resultado máis repetido: 3 a 1. Esta vez a vítima foi Xadrez Gallaecia. En segunda, os nosos equipos non pasaron do empate. Eso sí, ExAs Aficionados o fixeron co primeiro clasificado, PokeryAjedrez.com Arteixo B, mentres que a Peña ExA o fixo co último, Xadrez Irindo. En terceira, a nosa Escola de Xadrez, como o equipo de primeira, voltou tamén a gañar, pero con mellor resultado: 4 a 0 contra Xadrez Carral. | |
| 5 rolda da liga por equipos 2013 | |
| 22-02-2013, 20:09 |
Fustes Pardo, Carlos |
|
Mala 5ª rolda para os equipos ExAs: dous empates e dúas derrotas polo mesmo resultado, 3 a 1. En primeira o noso equipo sufriu a primeira derrota: foi contra o equipo Marquiño na Pobra do Caramiñal. Mentres en segunda, a Peña ExA perdeu por 3 a 1 contra PokeryAjedrez.com Arteixo B e os ExAs Aficionados non pasaron do empate contra a Escola Xadrez Sigrás B. E, por último, o noso equipo de terceira, a Escola ExA, empatou a domicilio contra Air-Hostess C. | |
| Cuarta rolda da liga por equipos 2013 | |
| 13-02-2013, 14:19 |
Fustes Pardo, Carlos |
|
Xusto antes do parón carnavaleiro, na cuarta rolda, a actuación dos equipos ExAs non foi moi boa. Soamente gañou o equipo de primeira que está abonado ao 3 a 1. Esta vez, a vítima foi o equipo Algalia de Abaixo. En segunda, os ExAs aficionados non pasaron do empate co Alexandre Bóveda C, mentres que a Peña Exa perdeu pola mínima coa Escola Xadrez Sigrás B. Os de terceira seguen coa mala racha e tamén perderon pola mínima co Alexandre Bóveda D | |
| <<Anteriores | [ artículos4 a 6 de 107 ] | Siguientes>> |